Vistas de página en total

martes, 17 de marzo de 2015

"A orde das cousas"




Hai unhas semanas asistimos a unha charla sobre a violencia de xénero impartida por Amanda Díaz Pérez. Amanda estudou psicoloxía, un máster de igualdade de xénero e outro máster de comunicacións en Santiago de Compostela e agora é psicóloga do Concello e Presidenta das Quetas. 



FOTO DE UNA ENTREVISTA EN LA VOZ DE GALICIA.


A ORDE DAS COUSAS

 Durante a charla, ensinounos un vídeo chamado "A orde das cousas" creado por Manuel Vallés, onde nos mostra a violencia explícita entre a parella.
 Para falar deste vídeo comezaremos nomeando as persoaxes principais: Julia, a protagonista, que é a nai; Marcos, o antagonista, que é o pai; e Marquitos, un personaxe secundario pero que ao principio do vídeo ten bastante importancia, que é o fillo.
 O primeiro que vemos no vídeo é a Julia metida nunha bañeira durtante toda a presentación. Esta bañeira é a representación de como Julia non se volve nunca vella a pesar de todos os anos que transcorren durante o vídeo. Esta personaxe ve, dende a bañeira (da cal Marcos non lle deixa saír) o resto da súa vida pasar. A porta do baño está sempre aberta para que así Marcos poida ver todo o que fai e vixiala. Unha das cousas que representa á protagonista é que nunca fala porque ten medo.
 Esta historia transcorre ao redor da búsqueda do cinto de Marcos o cal herda de seu pai e mostraba un signo de superioridade do home ante a muller, e utilizábao Marcos para pegarlle a Julia. A protagonista consegue quitarlle o cinto ao marido e agachalo baixo a auga dentro da bañeira para que así el non lle pegase.
A mediados do vídeo Marquitos ten un avión de xoguete o cal se lle cae, rompe un pouco e Marcos ao velo rómpello por completo; o pai dille que llo vai arranxar, pero o xoguete queda anos e anos nunha cadeira do baño sen arranxarse. O xoguete roto significa a perda da infancia de Marquitos ao ver así a súa nai.
Marcos ao facerse maior cánsase de todo o que está a pasar na casa e marcha. 
Na vida real, cando un home maltrata a unha muller e esta se vai queda o pequeno en custodia do pai, pero normalmente as nais soen volver á casa porque prefiren seguir sufrindo elas mesmas que deixar que o pai lle faga ao fillo todo o que lle fixo a nai.
Na segunda parte do vídeo, aparecen pola casa os irmáns de Marcos, os cales lle din que ten que impoñerse máis con Julia para que lle diga onde está o cinto. Ao final do vídeo, cando todos son vellos menos Julia, ela dalle o cinto a Marcos e a historia volve comezar, o baño anégase e Julia aparece nadando no mar, o que representa a súa liberdade.

Na nosa opinión persoal, a violencia de xénero estase a estender bastante hoxe en día, debido a que cada vez hai máis homes que se cren superiores as mulleres, tal e como se mostra neste vídeo. Desde o noso punto de vista, cremos que nestes casos de violencia, xa sexa dun home cara unha muller, dun adulto cara un menor ou de calquera tipo de violencia, o mellor e o mais apropiado para a vítima sería falar deso cunha persoa de confianza para que a axudase e o denunciase á policía o antes posible.

Por último, deixámosvos aqui o enlace do vídeo para que da mesma maneira ca nós, poidades disfrutar del:



No hay comentarios:

Publicar un comentario